Vista normal Vista MARC Vista ISBD

Atlas arqueolóxico da paisaxe galega / Felipe Criado Boado, César Parcero Oubiña, Carlos Otero Vilariño, Elena Cabrejas, Anxo Rodríguez Paz

por Criado Boado, Felipe [autor/a]; Criado Boado, Felipe [autor/a]; Parcero Oubiña, César [autor/a]; Otero Vilariño, Carlos [autor/a]; Cabrejas, Elena; Rodríguez Paz, Anxo.
Tipo: materialTypeLabelLibroEditor: Vigo :Xerais ,2016 Edición: 1ª edición.Descrición: 336 p. : il. cor ; 24cm.ISBN: 9788491210481.Títulos uniformes: Atlas arqueolóxico da paisaxe galega; Atlas arqueolóxico da paisaxe galega.Materia(s): arqueoloxía | paisaxe | GaliciaRecursos en liña: Faga clic para acceso en liña
Contido:
Preámbulo Capítulo 1. Arqueoloxía, paisaxe, arquitectura. Capítulo 2. A paisaxe: síntese da historia ambiental e cultural. Capítulo 3. A paisaxe tradicional. Capítulo 4. A paisaxe monumental (4500-2500 s.C.). Capítulo 5. A paisaxe dividida (2500-800 a.C.). Capítulo 6. A paisaxe fortificada (800 a.C.) Capítulo 7. Os cimentos da paisaxe tradicional (cara a nós). Epílogo. Da arqueoloxía á pospaisaxe. Láminas. Bibliografía. Lista de autores.
Resumo: A paisaxe é un produto das formas de ser, de estar, de pensar e de actuar de cada sociedade. A paisaxe galega de hoxe é o resultado das nosas formas de ser, estar, pensar e actuar, mais tamén das daqueles que nos precederon no tempo. Moitas das cousas que consideramos máis características da paisaxe de Galicia son o produto ou o efecto da acción humana, e non só diso que chamamos a Natureza. Este libro é unha especie de atlas arqueolóxico das paisaxes culturais de Galicia, e dicimos «unha especie» porque non é un atlas entendido no sentido convencional de conxunto de mapas; o que fai é describir as diferentes formas da paisaxe que se foron sucedendo ao longo dunha boa parte da historia do que hoxe é Galicia, dende a prehistoria até a época medieval. O relato parte do que coñecemos como paisaxe tradicional para, logo, ir na procura dos seus elementos típicos, xa presentes –ou ausentes– nas paisaxes que o precederon e o foron conformando. Porén, as paisaxes arqueolóxicas son algo que non existe; os seus restos, ou ben se incorporaron en gran medida a formas posteriores de paisaxe, ou ben subxacen relictos e esquecidos baixo estas. Por iso precisamente as chamamos arqueolóxicas. A historia que facemos aquí é unha historia humana do antropoceno, un concepto que vén definir unha nova etapa xeolóxica marcada pola dominación humana dos sistemas da Terra, unha etapa en que a acción sociocultural modifica activamente o mundo e substitúe un medio natural por un medio cultural cada vez máis artificial.
    valoración media: 0.0 (0 votos)
Tipo de ítem Localización actual Sinatura topográfica Número de volume Dispoñibilidade Data de vencemento Código de barras Datos do exemplar
Prestable IES do Barral
Sala préstamo
91 CRI atl Dispoñible PED083000000120

Preámbulo
Capítulo 1. Arqueoloxía, paisaxe, arquitectura.
Capítulo 2. A paisaxe: síntese da historia ambiental e cultural.
Capítulo 3. A paisaxe tradicional.
Capítulo 4. A paisaxe monumental (4500-2500 s.C.).
Capítulo 5. A paisaxe dividida (2500-800 a.C.).
Capítulo 6. A paisaxe fortificada (800 a.C.)
Capítulo 7. Os cimentos da paisaxe tradicional (cara a nós).
Epílogo. Da arqueoloxía á pospaisaxe.
Láminas.
Bibliografía.
Lista de autores.

A paisaxe é un produto das formas de ser, de estar, de pensar e de actuar de cada sociedade. A paisaxe galega de hoxe é o resultado das nosas formas de ser, estar, pensar e actuar, mais tamén das daqueles que nos precederon no tempo. Moitas das cousas que consideramos máis características da paisaxe de Galicia son o produto ou o efecto da acción humana, e non só diso que chamamos a Natureza.
Este libro é unha especie de atlas arqueolóxico das paisaxes culturais de Galicia, e dicimos «unha especie» porque non é un atlas entendido no sentido convencional de conxunto de mapas; o que fai é describir as diferentes formas da paisaxe que se foron sucedendo ao longo dunha boa parte da historia do que hoxe é Galicia, dende a prehistoria até a época medieval.
O relato parte do que coñecemos como paisaxe tradicional para, logo, ir na procura dos seus elementos típicos, xa presentes –ou ausentes– nas paisaxes que o precederon e o foron conformando. Porén, as paisaxes arqueolóxicas son algo que non existe; os seus restos, ou ben se incorporaron en gran medida a formas posteriores de paisaxe, ou ben subxacen relictos e esquecidos baixo estas. Por iso precisamente as chamamos arqueolóxicas.
A historia que facemos aquí é unha historia humana do antropoceno, un concepto que vén definir unha nova etapa xeolóxica marcada pola dominación humana dos sistemas da Terra, unha etapa en que a acción sociocultural modifica activamente o mundo e substitúe un medio natural por un medio cultural cada vez máis artificial.

1º-2º BAC

Coa tecnoloxía Koha