Criado Boado, Felipe

Atlas arqueolóxico da paisaxe galega / Felipe Criado Boado, César Parcero Oubiña, Carlos Otero Vilariño, Elena Cabrejas, Anxo Rodríguez Paz - 1ª edición - Vigo :Xerais ,2016 - 336 p. : il. cor ; 24cm

Preámbulo
Capítulo 1. Arqueoloxía, paisaxe, arquitectura.
Capítulo 2. A paisaxe: síntese da historia ambiental e cultural.
Capítulo 3. A paisaxe tradicional.
Capítulo 4. A paisaxe monumental (4500-2500 s.C.).
Capítulo 5. A paisaxe dividida (2500-800 a.C.).
Capítulo 6. A paisaxe fortificada (800 a.C.)
Capítulo 7. Os cimentos da paisaxe tradicional (cara a nós).
Epílogo. Da arqueoloxía á pospaisaxe.
Láminas.
Bibliografía.
Lista de autores.

A paisaxe é un produto das formas de ser, de estar, de pensar e de actuar de cada sociedade. A paisaxe galega de hoxe é o resultado das nosas formas de ser, estar, pensar e actuar, mais tamén das daqueles que nos precederon no tempo. Moitas das cousas que consideramos máis características da paisaxe de Galicia son o produto ou o efecto da acción humana, e non só diso que chamamos a Natureza.
Este libro é unha especie de atlas arqueolóxico das paisaxes culturais de Galicia, e dicimos «unha especie» porque non é un atlas entendido no sentido convencional de conxunto de mapas; o que fai é describir as diferentes formas da paisaxe que se foron sucedendo ao longo dunha boa parte da historia do que hoxe é Galicia, dende a prehistoria até a época medieval.
O relato parte do que coñecemos como paisaxe tradicional para, logo, ir na procura dos seus elementos típicos, xa presentes –ou ausentes– nas paisaxes que o precederon e o foron conformando. Porén, as paisaxes arqueolóxicas son algo que non existe; os seus restos, ou ben se incorporaron en gran medida a formas posteriores de paisaxe, ou ben subxacen relictos e esquecidos baixo estas. Por iso precisamente as chamamos arqueolóxicas.
A historia que facemos aquí é unha historia humana do antropoceno, un concepto que vén definir unha nova etapa xeolóxica marcada pola dominación humana dos sistemas da Terra, unha etapa en que a acción sociocultural modifica activamente o mundo e substitúe un medio natural por un medio cultural cada vez máis artificial.

1º-2º BAC

9788491210481


arqueoloxía
paisaxe


Galicia

91

Coa tecnoloxía Koha