O monstro das palabras / María Reimóndez
por Reimóndez, María [autor/a]; Sende, Iván [ilustrador/a].
Tipo: LibroSeries: Merlín (Xerais).Editor: Vigo :Edicións Xerais de Galicia ,2009 Edición: 1ª.Descrición: 120 p :il. cor ;19cm.ISBN: 9788499140513.Materia(s): Lingua | Aventuras | Monstro | IntrigaRecursos en liña: Faga clic para acceso en liña Resumo: Alba e Lela chegan unha miga máis tarde á escola e atópanse con que xa están sentados todos os nenos e nenas, mais ninguén fala; están como aparavados, só tatexan unhas palabras sinxelas. Nese momento chega a mestra, que axiña entende que ocorre e lles di que todo indica a chegada do monstro, un monstro que ela xa coñece porque estivo outras veces no seu lugar. Ante o abraio das nenas, a mestra descóbrelles que, en realidade, ela non é unha persoa "normal", que ten centos de anos, é que unha gardadora de palabras.Este rexistro ten moitos ítems físicos (120). Faga clic aquí para velos todos.
O monstro das palabras, novela de María Reimóndez, ilustrada por Iván Sende, propón aos lectores e lectoras de once anos en diante baixo a forma dun relato de intriga e aventura unha reflexión sobre o valor do patrimonio da lingua propia (o maior tesouro dos pobos) e a necesidade de defendela dos que a atacan. "A lingua é un ser vivo e está vivo nas bocas cando falamos e nos nosos cerebros cando pensamos" escribe unha das protagonistas desta novela de gran actualidade.
Alba e Lela chegan unha miga máis tarde á escola e atópanse con que xa están sentados todos os nenos e nenas, mais ninguén fala; están como aparavados, só tatexan unhas palabras sinxelas. Nese momento chega a mestra, que axiña entende que ocorre e lles di que todo indica a chegada do monstro, un monstro que ela xa coñece porque estivo outras veces no seu lugar. Ante o abraio das nenas, a mestra descóbrelles que, en realidade, ela non é unha persoa "normal", que ten centos de anos, é que unha gardadora de palabras.
5º-6º Primaria
1º-2º ESO