Vista normal Vista MARC Vista ISBD

Noite de voraces sombras / Agustín Fernández Paz

por Fernández Paz, Agustín (1947-2016).
Tipo: materialTypeLabelLibroSeries: (Fóra de xogo (Edicións Xerais de Galicia) ; 64).Editor: Vigo : Edicións Xerais de Galicia , 2021 Edición: 21ª ed.Descrición: 165 p. ; 21 cm.ISBN: 9788483029107.Materia(s): Guerra Civil Española, 1936-1939 - -- Novelas | Guerra Civil Española, 1936-1939 - -- Novelas | hisResumo: Sara, unha moza de dezaseis anos, narra de forma apaixonada os acontecementos que durante unhas vacacións de verán na casa da avoa foron un auténtico terremoto na súa vida e lle axudarán, dende entón, a enfrontala dunha forma distinta. No cuarto que ocupa sentirá o inquedante desacougo dunha presencia fantasmal. Alí atopará, tamén, un fato de cartas e fotos, unha libreta de caligrafía apretada e unha selecta biblioteca que a levarán a descubrir unha inesquecible historia de amor e desamor entre dous mestres republicanos, que se produciu durante a Guerra Civil e os amargos anos da posguerra. A novela de Agustín Fernández Paz aborda o tema da memoria histórica, a recuperación das vidas e dos ideais que quedaron rotos trala guerra civil, o exilio e a posguerra, así como a necesidade de que as novas xeracións descubran esa realidade, porque non se poderá construír nada auténtico sobre a desmemoria. Aborda ademais outras cuestións de non menor importancia: como a presencia permanente do misterio nas nosas vidas, encarnado na trama nunha extraña presencia fantasmal no cuarto da protagonista; e da ambigüidade como xeito de enfrontarse aos acontecementos, que obriga ao lector a dubidar entre se todo é real ou se todo é froito da subxectividade da protagonista.
    valoración media: 0.0 (0 votos)
Tipo de ítem Localización actual Sinatura topográfica Dispoñibilidade Data de vencemento Código de barras Datos do exemplar
Prestable IES do Barral
Sala préstamo
82-N FER noi Dispoñible PED083000001456

Sara, unha moza de dezaseis anos, narra de forma apaixonada os acontecementos que durante unhas vacacións de verán na casa da avoa foron un auténtico terremoto na súa vida e lle axudarán, dende entón, a enfrontala dunha forma distinta. No cuarto que ocupa sentirá o inquedante desacougo dunha presencia fantasmal. Alí atopará, tamén, un fato de cartas e fotos, unha libreta de caligrafía apretada e unha selecta biblioteca que a levarán a descubrir unha inesquecible historia de amor e desamor entre dous mestres republicanos, que se produciu durante a Guerra Civil e os amargos anos da posguerra. A novela de Agustín Fernández Paz aborda o tema da memoria histórica, a recuperación das vidas e dos ideais que quedaron rotos trala guerra civil, o exilio e a posguerra, así como a necesidade de que as novas xeracións descubran esa realidade, porque non se poderá construír nada auténtico sobre a desmemoria. Aborda ademais outras cuestións de non menor importancia: como a presencia permanente do misterio nas nosas vidas, encarnado na trama nunha extraña presencia fantasmal no cuarto da protagonista; e da ambigüidade como xeito de enfrontarse aos acontecementos, que obriga ao lector a dubidar entre se todo é real ou se todo é froito da subxectividade da protagonista.

Coa tecnoloxía Koha