Besta do seu sangue / Emma Pedreira
por Pedreira, Emma [autor/a].
Tipo: LibroSeries: Xerais Narrativa ;434.Editor: Vigo :Xerais ,2018 Edición: 1ª.Descrición: 114 p.ISBN: 9788491214489.Materia(s): Mitoloxía galega | Violencia | Identidade de xénero | Home loboRecursos en liña: Faga clic para acceso en liñaEste rexistro ten moitos ítems físicos (67). Faga clic aquí para velos todos.
Premio Xerais de Novela, 2018 - Premio Fervenzas Literarias ao Mellor libro de narrativa, 2018 - Premio Fervenzas Literaria á Mellor capa de adultos do 2018 - XXV Premio "San Clemente - Rosalía - Abanca", 2019
Baseada na hª da primeira asasina en serie de Galicia:Blanco Romasanta- Licantropía.
Besta do seu sangue relata, con grande orixinalidade, unha historia inspirada na figura e no mito de Blanco Romasanta desde unha visión que propugna unha revisión de xénero. Disposta como un conxunto fluído de microunidades narrativas, na novela conviven os rexistros culto e coloquial para vencellar as voces partícipes da historia e da creación do mito nacido arredor da persoa que foi considerada a primeira asasina en serie da nosa historia. A obra supón unha proposta transgresora e fragmentaria que se caracteriza por esa multiplicidade de voces, polo seu esencialismo narrativo e por exhibir diversos rexistros para abordar o tema da licantropía desde unha perspectiva de xénero. Narrada desde unha linguaxe poética, ao longo das páxinas desta excelente novela, salienta unha atmosfera de desacougo e angustia para abordar o tratamento dun personaxe que bebe das fontes cultas, mitolóxicas e populares galegas para reavivar a figura do lobo e a súa convivencia co ser humano.
1º-2º BAC