Nus / Manuel Gago
por Gago, Manuel [autor/a].
Tipo: LibroSeries: Narrativa (Xerais) ; 471.Editor: Vigo : Xerais , 2021 Edición: 1ª ed.Descrición: 390 p. ; 23 cm.ISBN: 9788491218210.Materia(s): Humor | Vida cotiáRecursos en liña: Faga clic para acceso en liñaTipo de ítem | Localización actual | Sinatura topográfica | Número de volume | Dispoñibilidade | Notas | Data de vencemento | Código de barras | Datos do exemplar |
---|---|---|---|---|---|---|---|---|
Prestable | IES do Barral Sala préstamo | 82-N GAG nus | 471 | Dispoñible | PED083000001516 |
|
Retrato irónico e irreverente da contraditoria Galicia dos primeiros anos 80 a través das aventuras sexuais dun crápula tan cínico como tenro.
Na madurez, Toño Figueroa, descendente da última aristocracia do país, mantén unha dobre vida na intimidade da súa memoria. Lembra a diario as súas primeiras veces e habita sen descanso a pasada mocidade: o sexo, as grandes mentiras familiares, os trens que se foron perdendo. Móvese con cinismo e incredulidade no convulso ambiente político da Galicia do posfranquismo; a súa conciencia social remata no seu propio corpo e o das mulleres coas cales aprende a descubrilo. Ou iso nos quere facer crer. Ata que Toño e os seus amigos chegan á solitaria praia de Calabarda, un paraíso aberto ao océano onde se pode ser libre dun xeito novo: sen roupa. Nun extremo da praia, os arqueólogos descobren un castro ancestral. Noutro, os veciños soñan con leiras de millo en que agromen os chalés. E no medio, Toño únese a unha grea de nudistas dispostos a todo para manteren os seus coiros ao sol. Manuel Gago ofrécenos en «Nus» un retrato irónico e irreverente da contraditoria Galicia de comezos da década de 1980 a través das aventuras sexuais dun crápula tan cínico como tenro.