Pícache a curiosidade? / María Canosa
por Canosa, María [autor/a]; Ledesma, Ro [ilustrador/a].
Tipo: LibroEditor: Pontevedra : Cumio , 2023 Edición: 1ª ed.Descrición: 48 p. : il. cor ; 31 cm.ISBN: 9788482896410.Materia(s): Curiosidades | Ciencia do día a díaRecursos en liña: Faga clic para acceso en liña Resumo: O queixo procede dun líquido, o cacao dunha semente, o algodón obtense dunha planta e a la dun animal. Tanto o queixo, como o chocolate ou a la, poden viaxar nun avión, pero tamén fan viaxes polo mundo a auga e a electricidade. E a túa mente... ata onde é capaz de viaxar? Din que o mellor das viaxes non é o destino, senón o propio camiño. Velaquí un libro no que descubrirás a andaina que el mesmo fixo para chegar ata ti, pero non só iso, senón que tamén te guiará na viaxe de obxectos, materias ou enerxías que habitan ao teu redor. Quizais non sexas consciente de cantas travesías marabillosas acompañas. Queres descubrilas? Non necesitas cinto de seguridade para esta viaxe, nada máis que unha mente inqueda que che permita descubrir a orixe das cousas. Un libro divulgativo en galego para entender e facer un percorrido por moitos procesos ordinarios que nos rodean tales como: de onde chega a auga que sae polas nosas billas, por que ao apertar un botón acéndese unha luz... ou mesmo como se sostén un avión no aire. A autora, María Canosa, é unha experta divulgadora científica con moitos anos de profesión na materia e cun aval de libros e premios de recoñecido prestixio. Un libro para aprender e xogar sobre o funcionamento de cousas que nos rodean.Tipo de ítem | Localización actual | Sinatura topográfica | Número de volume | Dispoñibilidade | Notas | Data de vencemento | Código de barras | Datos do exemplar |
---|---|---|---|---|---|---|---|---|
Prestable | IES do Barral Sala préstamo | 5 PAN píc | Dispoñible | PED083000002421 |
|
O queixo procede dun líquido, o cacao dunha semente, o algodón obtense dunha planta e a la dun animal. Tanto o queixo, como o chocolate ou a la, poden viaxar nun avión, pero tamén fan viaxes polo mundo a auga e a electricidade. E a túa mente... ata onde é capaz de viaxar?
Din que o mellor das viaxes non é o destino, senón o propio camiño. Velaquí un libro no que descubrirás a andaina que el mesmo fixo para chegar ata ti, pero non só iso, senón que tamén te guiará na viaxe de obxectos, materias ou enerxías que habitan ao teu redor. Quizais non sexas consciente de cantas travesías marabillosas acompañas. Queres descubrilas? Non necesitas cinto de seguridade para esta viaxe, nada máis que unha mente inqueda que che permita descubrir a orixe das cousas.
Un libro divulgativo en galego para entender e facer un percorrido por moitos procesos ordinarios que nos rodean tales como: de onde chega a auga que sae polas nosas billas, por que ao apertar un botón acéndese unha luz... ou mesmo como se sostén un avión no aire. A autora, María Canosa, é unha experta divulgadora científica con moitos anos de profesión na materia e cun aval de libros e premios de recoñecido prestixio. Un libro para aprender e xogar sobre o funcionamento de cousas que nos rodean.